Rúa Doutor Casares, 58 Diante do Ies Daviña Rey - MONFORTE DE LEMOS
CARNE XOVE

OFERTAS E PROMOCIÓNS

Aceptamos como pago de material escolar (papelería) e libros de texto os Vales e Bonos emitidos polas institucións. Tramita o teu  Vale con nós.

Juan Labaredas

Juan Labaredas

Escritor 
Juan Labaredas  naceu en Sober o 25 de maio de 1968. A súa vida transcurríu en Monforte de Lemos e Quiroga. Licenciado en Dereito, dende moi novo sentíuse atraído polos libros e a literatura, convertíndose nun voraz lector e apaixoado observador da realidade circundante. Foi cando contaba con  13 anos  que comeza a escribir presentándose a diferentes certames literarios de ámbito escolar e mesmo comarcal, nos que logra distincións e recoñecementos. Co decorrer do tempo e tras unha longa experiencia lectora consolida a súa tarefa creativa, levando a cabo traballos que nunca foran publicados até ó momento por expreso desexo de seu. Cultiva xéneros tan diversos como a poesía, o relato curto, o ensaio e mesmo o artigo de opinión. Agora, xa na madurez, ábrese a publicar parte dese traballo neste libro que tenta ser un conxunto de “instantes apresados” para compartir cos seus lectores dende a sinceridade, a intensidade e a honestidade.
Juan Labaredas
web peruchela