Rúa Doutor Casares, 58 Diante do Ies Daviña Rey - MONFORTE DE LEMOS
CARNE XOVE

OFERTAS E PROMOCIÓNS

Aceptamos como pago de material escolar (papelería) e libros de texto os Vales e Bonos emitidos polas institucións. Tramita o teu  Vale con nós.

As Voces Amadas - Lois Diéguez

Tarde Noite con Lois Diéguez e "As voces amadas"

Excelente  presentación na Pobra do Brollón da man de Peruchela da Libraría Pelayo.


Nun escenario ameno Lois Diéguez  introduciu ao público no corazón da obra explicando a motivación coa que  desenvolveu cada unha das partes. Xerouse un debate harmonioso cando o autor interactuou de maneira activa cos presentes nun dialogo fluído.  O acollemento da  novela, foi tal que,  derivou no esgotamento total dos exemplares en existencias.

Diéguez con vínculo filiar en Liñares, parroquia da Pobra do Brollón,  agradeceu a acollida brindada polo concello e a gran asistencia do público así como a promoción realizada pola libraría organizadora.
Para rematar a intervención o autor asinou un a un todos os  exemplares.   
O eco  do seu selo  _" Ser  Humanos. Ser Galegos e Galegas; Cidadáns así, do Mundo", permanece no senso dos que atentamente desfrutamos co discurso do autor.
Lois Diéguez na presentación de "As voces amadas" na Pobra do Brollón.
Portada de
web peruchela