Tarde Noite con Lois Diéguez e "As voces amadas"
Excelente presentación na Pobra do Brollón da man de Peruchela da Libraría Pelayo.
Nun escenario ameno Lois Diéguez introduciu ao público no corazón da obra explicando a motivación coa que desenvolveu cada unha das partes. Xerouse un debate harmonioso cando o autor interactuou de maneira activa cos presentes nun dialogo fluído. O acollemento da novela, foi tal que, derivou no esgotamento total dos exemplares en existencias.
Diéguez con vínculo filiar en Liñares, parroquia da Pobra do Brollón, agradeceu a acollida brindada polo concello e a gran asistencia do público así como a promoción realizada pola libraría organizadora.
Para rematar a intervención o autor asinou un a un todos os exemplares.
O eco do seu selo _" Ser Humanos. Ser Galegos e Galegas; Cidadáns así, do Mundo", permanece no senso dos que atentamente desfrutamos co discurso do autor.