1º Certame de Relatos de Peruchela Edicións

Peruchela Edicións entrega os premios do Iº Certame de Relatos Manuscritos.

A editorial da Libraría Pelayo, Peruchela Edicións vén de dar os premios do I Certame de Relatos Manuscritos.
Xesús Alfonso Parada ganou a Iª edición do Certame de Relatos Manuscritos de Peruchela Edicións.
O sábado 28 de Setembro na LIBRARÍA PELAYO entrega de Premios aos gañadores do Certame de Relatos organizado por PERUCHELA EDICIÓNS
Gañadoras da categoria Infantil do certame de relatos de Peruchela Edicións recollendo os Diplomas.

Iº CERTAME DE RELATOS MANUSCRITOS

Anuncio dos Gañadores do 1º Certame de Relatos Manuscritos de Peruchela Edicións

Peruchela Edicións ten o pracer de anunciar os gañadores do 1º Certame de Relatos Manuscritos, un evento que contou cunha destacada participación tanto na categoría de maiores como na infantil. O xurado, composto por Luis Castro Macía, Xulia Rodríguez Guntiñas e Pilar Silvosa, todos eles licenciados en filoloxía e xubilados, foi o encargado de valorar os traballos presentados.

Na categoría de maiores, á que se presentaron 30 relatos, os premiados foron:

  • 1º premio: "A Porta do Medio", de Xesús Alfonso Parada Jato.
  • 2º premio: "Meiga Lin", de Pilar Sánchez Martinez.
  • 3º premio: "Donante", de Sonia Corral Franco.

Pola súa parte, na categoría infantil, na que participaron 4 autores, os galardóns repartíronse da seguinte maneira:

  • 1º premio: "Las Aldeas Escondidas", de Lucía Rodríguez.
  • 2º premio: "El Dragón y el Caballero", de Xoel Tumai Álvarez Moreno.
  • 3º premio (compartido):
    • Eva Victoria Freire Roldán,
    • Gabriela Rodríguez Cerezales.

Os premios entregaranse o sábado 28 de setembro ás 12:00 do mediodía, nun acto que contará coa presenza dos autores e do xurado. Ademais, todos os participantes recibirán de balde unha publicación especial que recollerá todos os relatos que participaron nesta primeira edición do certame, celebrando así o talento literario de cada un deles.

Agradecemos de corazón a todos os participantes pola súa dedicación e entusiasmo. Esperamos que o vindeiro ano volvan participar con tanta ilusión como fixeron nesta ocasión.

Moitas grazas a todos!

Mencionando este anuncio un 10% de desconto en todo o material escolar. Non se aplica aos bonos do Concello.
CARICATURA DE LUISA VILLALTA, HOMENAXEADA LETRAS GALEGAS 2024