Sobre o Poemario
De Visu, Ese enigma inalcanzable, recolle en palabras do autor : “A realidade a ollos vista, unha realidade cotiá, convertíndose na inspiración, na esencia mesma que deriva nunha forma resultante de pensamentos, vivencias e sensacións; todas elas relacionadas infinitamente“.
Pretende ser unha análise de nós mesmos, das nosas debilidades nun todo paralelo e universal que unha vez rematada a súa lectura, suscite a reflexión e a parodia personal como elemento vertebrador do conxunto.

01 DE OUTUBRO 2021 | ATENEO CASINO DE MONFORTE
O salón de actos do Ateneo Casino acolleu o día 01 de outubro de 2021 o acto de presentación do poemario "De Visu ese enigma inalcanzable" do autor soberino Juan Labaredas.
Un evento organizado por Peruchela Edicións coa colaboración do Ateneo Casino de Monforte.
Na presentación aisitiu a concelleira de cultura do concello de Monforte, amigos e socios do Ateneo. Puidemos degustar un viño de Amandi e uns froitos do outro por corrtesía do autor.
Si queres podes ver algúns dos momentos nos vídeos inferiores.

05 de AGOSTO DE 2022 | PRAZA DA FONTE, PROENDOS - SOBER
O poeta soberino Juan Labaredas fixo acto de presentación da segunda edición do poemario "De Visu ese enigma inalcanzable" no seu lugar de orixe, Proendos.
Foi un acto enxebre no medio dunha praciña do lugar e a carón dun pozo de augas cristalinas. O evento foi orgamizado pola xerente da Libraria da Proencia, Paula Vázquez Verao e nel participaron o autor, Alfonso e a directora de proxectos da editorial Peruchela Edicións.
Houbo declamación dalgúns poemas do libriño e tamén o escritor nos participou dun novo surxido da traxedia dos incendios que asolaron as terras do Caurel nas últimas semanas.
Unha presentación de fotografías da parroquia e de veciños da mesmas puxo fin a entrevista co autor onde na última foto da proxección homenaxeou aos seus avós, outrora veciños do lugar.
Para rematar o evento houbo degustación de produtos típicos da zona tales como a rosca soberina e o "doce de carrolas", tamén coñecidos como "feos de conchos"; pan, queixo e chocolate fixeron de tapas para rematar a degustación con viño da D.O. da zona Ribeira Sacra que se produce na propia parroquia.