Featured

Presentación de Libros de Anxo Muíños

paisaxe de viñedos da ribeira sacra Adega Rexina Viarium
Literatura entre Viñedos

Coindindo co día das Letras Galegas, o venres 17 de maio ás 21hs. na sala de eventos da adega Regina Viarium de Doade, Anxo Muíños  presentou os libros “A irmandade da bandeira branca eA linguaxe Corsaria” que acaba de publicar co selo editorial de Peruchela Edicións.

Despois da presentación houbo unha  degustación de viños da D.O. Ribeira Sacra.

Síntese da obra por Hucharca

A IRMANDADE DA BANDEIRA BRANCA

Saudade do pasado, aventura, anarquismo, bohemia, revolución, esmorga… e mundo dos piratas. Desexo de investigar ás culturas primitivas. Na procura dunha vida diferente á convencional. Anacos da Historia ou da Literatura, mesturados coas vivencias persoais.

Hai moitas citas, que lle dan un aire culto ó texto. Unha pregunta moi interesante: -Se perderades tódalas cousas materiais no naufraxio, con que ficariades?. Quédome con estes proverbios: Só fica o que soñamos na vida interior. O único que nos levamos no momento da morte será o que démos. O ser humano só tén de valor aquílo que non pode perder nun naufraxio.

Landaseiva-Idealismo-Utopía-Protección da natureza.    

                              

A LINGUAXE CORSARIA

Segue habendo neste libro diálogos moi interesantes entre os náufragos, cargados de razoamento filosófico. Crenzas, mitos, deuses, piratas; nesa atmosfera libertaria no sentido clásico  e de sensualidade que esperta a vida na illa. Todo moi ecolóxico, moi hippie.  

paisaxe da adega rexina viarium
anxo muíños

LIBROS
Eterno mar de Lot e Huir a Mouramia

Anxo Muíños asinando os seus libros no día mundial do dereito de autor e do libro o pasado 23 de abril de 2024 na Libraría Pelayo.

momentos da presentacion
libros de anxo muiños

Na nosa tenda física podes atopar todos o libros do autor.

Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.