Presentación "Entre o luceiro e a noite"

Entre o luceiro e a noite
Jato e Peruchela

O 21 de outubro do 2022 Presentación da obra editada por Peruchela Edicións, de Parada Jato, Entre  o luceiro e a noite.


O Casino Ateneo acolleu este venres a Presentación de dous libros do escritor c@urelés Parada Jato. Un ensaio editado por Avant Editorial. AIRES DE MEIRAOS. A sinose da obra fixoa  o autor para a vintena de persoas que tiveron a ben asistir en directo á presentación. Podes vela completa na canle de youtube de aldeasgalegas administrada por Peruchela Edicións.  Ligazón 

Deseguido deuse paso á presentación do  poemario ENTRE O LUCEIRO E A NOITE  na que o autor relata como os seus versos demostran que : -Comer hoxe un bocado de pan é moito  máis barato do que lle resultaba aos nosos devanceiros. Tiñan que desenvolver unha serie de tarefas moi laboriosas para poder obtelo, procesalo e convertelo no alimento diario-. 
Ten grande valía como documento etnográfico. Da testemuña nos seus versos dun pasado recente que non debemos de esquecer inda que avergoñe aos que sempre tiveron de todo. No é doado  de recoñecer que os teus semellantes, iguais en dereitos e obrigas, para alimentarse tiñan que labrarse o alimento co seu traballo físico.

Daquela naceu a idea de traballar coa cabeza para lograrse alimento sin ter que volver a pasar por tantas penurias, para obtelo. Por eso che dician cando nacías na aldea que había que estudar pra conseguir outro modo de gañarse ese  PAN. 

E cando chegaron as máquinas para favorecer as producións, os políticos xestionaron mal creando oligopolios de alimentación que encamiñaron á extinción do home productor consumidor.

Unha nova sociedade nace do conglomerado de elementos que se alinean pra que as cousas pasen, para que sexan como son ou como ao final as percibimos nós.


Parada Jato, Manola Porto e asistentes
Entre o luceiro e a noite
Parada Jato e Pili Sáchez