Presentación "Estamos de Conto"

Pili Sánchez publica con Peruchela Edicións

O día 28 de novembro de 2020, ano pandémico, presentamos as dúas primeiras publicacións de Pili Sánchez Martínez baixo o noso selo editorial. 
Un poemario e un libro de contos. 
Atrevémonos a embarcarnos neste modesto proxecto facendo  medio cento de unidades do poemario e un cento de unidades do libro de contos.
A presentación fíxose baixo as medidas de seguridade recomendadas polas autoridades sanitarias  dentro da Libraría Pelayo e foi grabado e subido as redes socias.
Podes ver nas ligazóns inferiores momentos do noso primerizo acto de presentación de libro.
A  ilustradora dos libros foi a Anabel Glez, profesora de arte no Ies Daviña Rey de Monforte. A editora foi Esmeralda Casabianca licenciada en Filoloxía Galega pola USC.
Moi pronto se acabaron os exemplares e no 2022 fixemos unha 2 edición de Estamos de Conto ao mesmo tempo que Pili presentaba o seu segundo libro de narrativa, Seguimos de Conto.

Libro de Contos

POEMARIO

De vida e morte amor e indiferencia

Presentación "Estamos de Conto"

Presentación Poemario

Pili Sánches o día da presentación do libro "Estamos de Conto"
Pili Sánchez o día da presentación do libro "Estamos de Conto"