Presentación Poemario "Ruxe Ruxe"

PRESENTACIÓN POEMARIO
Martes 21 de marzo 2023
ruxe ruxe

RUXE RUXE

Na libraría Pelayo de Monforte de Lemos con data 21 de marzo de 2023, día internacional da Poesía, fixemos a presentación dun libro. Nesta ocasión acompañounos Rosa García Machado autora do Poemario Ruxe Ruxe.
Rosa é natural de Seadur, Larouco pero na actualidade vive na  Rúa de Valdeorras. Dende 2008 promove un certame cultural relacionado coa poesía. O encontro de poetas da Coroa que se celebra  no mes de marzo. Das súas primeiras edicións fixo o recopilatorio que se titula  "Nove encontros na coroa e o que nos queda" (2017).


A autora comeza no mundo da literatura no ano 2000 co poemario Queda la palabra continuando os posteriores anos con:  Cual ave Fenix (2005), Policromía ao Solpor (2009) e Feria de Palabras (2013).

No vídeo inferior podes escoitar algúns dos poemas que forman parte deste Ruxe Ruxe, o seu último poemario e que tes dispoñible na nosa Libraría así como algúns dos escritos por ela con anterioridade.
rosa