Peruchela Edicións entrega os premios do Iº Certame de Relatos Manuscritos.
Iº CERTAME DE RELATOS MANUSCRITOS
Anuncio dos Gañadores do 1º Certame de Relatos Manuscritos de Peruchela Edicións
Peruchela Edicións ten o pracer de anunciar os gañadores do 1º Certame de Relatos Manuscritos, un evento que contou cunha destacada participación tanto na categoría de maiores como na infantil. O xurado, composto por Luis Castro Macía, Xulia Rodríguez Guntiñas e Pilar Silvosa, todos eles licenciados en filoloxía e xubilados, foi o encargado de valorar os traballos presentados.
Na categoría de maiores, á que se presentaron 30 relatos, os premiados foron:
- 1º premio: "A Porta do Medio", de Xesús Alfonso Parada Jato.
- 2º premio: "Meiga Lin", de Pilar Sánchez Martinez.
- 3º premio: "Donante", de Sonia Corral Franco.
Pola súa parte, na categoría infantil, na que participaron 4 autores, os galardóns repartíronse da seguinte maneira:
- 1º premio: "Las Aldeas Escondidas", de Lucía Rodríguez.
- 2º premio: "El Dragón y el Caballero", de Xoel Tumai Álvarez Moreno.
- 3º premio (compartido):
- Eva Victoria Freire Roldán,
- Gabriela Rodríguez Cerezales.
Os premios entregaranse o sábado 28 de setembro ás 12:00 do mediodía, nun acto que contará coa presenza dos autores e do xurado. Ademais, todos os participantes recibirán de balde unha publicación especial que recollerá todos os relatos que participaron nesta primeira edición do certame, celebrando así o talento literario de cada un deles.
Agradecemos de corazón a todos os participantes pola súa dedicación e entusiasmo. Esperamos que o vindeiro ano volvan participar con tanta ilusión como fixeron nesta ocasión.
Moitas grazas a todos!