Xogos Cooperativos EKILIKUA

EKILIKÚA - COOPERATIVOS

XOGOS COOPERATIVOS EKILIKÚA na LIBRERÍA PELAYO

Necesitas máis razóns para escoller un xogo de mesa cooperativo?

  • Porque dende o momento no que elixes o teu xogo empeza a aventura…! Sen saír do teu salón viaxarás a mundos e universos cheos de fantasía.

  • Porque crearemos recordos e vivencias en familia que quedarán para sempre e converterannos nun gran equipo.

  • Porque fronte ás pantallas, os xogos de mesa cooperativos fomentan a interacción directa con outras persoas.

  • Porque se promove a aceptación mutua e a cooperación. Todas as persoas da familia achegan e suman capacidades para a resolución do xogo. Os avós, pais, a curmá…

  • Porque rebaixan a agresividade e fomentan as relacións positivas entre as persoas.

  • Porque xogan coas demais e non contra as demais. Superando obstáculos e non a outras persoas.

  • Porque non se discrimina ás persoas que teñen dificultades.

Xogos que aposten pola convivencia, o ben común e o respecto ao noso medioambiente. Porque os seus xogos de hoxe, serán o seu mañá.

MADE IN LOCAL

PARA MEDRAR

Temáticas e Valores como:

Cooperación

Igualdade de xénero

Animación á lectura

Amor pola natureza, ecoloxía

Comercio xusto e Consumo responsable

Convivencia en diversidade

Resolución de conflitos de maneira non violenta

EKLIKUA

XOGANDO EN IGUALDADE

Os xogos cooperativos son perfectos para pasar inesquecibles sobremesas en familia, pois admiten grupos de xogo heteroxéneos e interxeracionais. En cada partida, persoas de distintas capacidades, terán que sumar as súas forzas, negociar, establecer estratexias conxuntas e axudarse mutuamente para resolver un reto ou lograr un obxectivo común.

Image

COMERCIO LOCAL

Produción sostible-

Están realizados en empresas locais baixo garantías ambientais.

Apoiar a PEMES locais fomenta a diversidade empresarial e a repartición económica.

Os xogos de mesa tamén son un bo complemento para reforzar a aprendizaxe na aula:

Exercítase a linguaxe, a expresión oral, a comprensión lectora, o cálculo mental e poden axudar a descubrir o mundo e á interiorización de contidos de materias específicas (ciencias, historia, xeografía, coñecemento da contorna, natureza…).

LIBRERÍA PELAYO É DISTRIBUIDORA

DISPOÑIBLES NA NOSA TENDA FÍSICA

ENVIOS A DOMICILIO

Image

De 9 a 120 anos

Jembatán: Misión Para a guerra!

No medio dun clima de confrontación, teremos que aventurarnos nunha arriscada misión de paz para atopar as pezas perdidas do “Escudo de Jembatan”, símbolo de encontro e harmonía entre os pobos. Para gañar a partida farán falta audacia, xogo en equipo, e a reconstrución das pontes derruidos.

Só gañaremos a partida se logramos acabar coa guerra antes de que esta acabe co noso val e os seus habitantes!

publicidade tenda libreria   dia da paz

PVP 23€

Image

Basajaun, O renacer do Bosque!

Nas dúas aventuras que se inclúen neste divertido xogo de mesa cooperativo, trataredes de devolver ao bosque a súa vitalidade perdida, repoboando con especies animais e vexetais autóctonas da península as áreas forestais destruídas.

Para logralo, contaredes coa axuda máxica de Basajaun “O Gardián do Bosque” e a doutros seres mitológicos que habitan entre a espesura das árbores, se sodes capaces de atopalos.

Rúa Doutor Casares, 58 Diante do Ies Daviña Rey - MONFORTE DE LEMOS
CARNE XOVE

OFERTAS E PROMOCIÓNS

Aceptamos como pago de material escolar (papelería) e libros de texto os Vales e Bonos emitidos polas institucións. Tramita o teu  Vale con nós.

Tes o carné xove?

-10% Papeleria e -5% en Libros