Lecturas na Libraría Pelayo
Na segunda xornada adicada á lectura de poesía en galego tivemos como convidados persoas vencelladas coa cultura como non podía ser doutro xeito.
Primeiramente Juan Labaredas, que recentemente publicou baixo o noso selo editorial o poemario De Visu, ese enigma inalcanzable, compartiu con nós non soamente versos do actual poemario senón ademais un anticipo dun novo que sairá a luz en próximas datas ademais de un de Manuel Antonio.
Esmeralda Casabianda, graduada en Literatura e Lingua Galega pola USC , declamou versos dun autor da súa predilección, Celso Emilio Ferreiro, un dos poetas máis internacionais que deu a nosa terra.
No acto participou ademais Pilar Silvosa, ex docente xubilada outrora metras de Lengua e Literatura Castellana que nos leu un versos da traducción galega "Vinte poemas de amor e unha canción desesperada", de Pablo Neruda. que editaron e traduciron X. Amancio Liñares e María Rey Rey baixo o selo editorial MEDULIA.