VERBAS DO CORAZÓN
Gloria Guerrero García: emocións que se escriben con tinta e terra
O pasado 17 de maio, no marco das celebracións do Día das Letras Galegas, tivemos o pracer de presentar Verbas do corazón, camiños de tinta e terra, o primeiro poemario de Gloria Guerrero García. Un libro escrito en galego con voz propia, íntima e clara, onde a autora percorre, a través da poesía, os camiños da vida, do amor, da perda e da tenrura.
O evento, organizado por Peruchela Edicións coa colaboración do Ateneo Casino de Monforte de Lemos, enmárcase nas actividades especiais do Día das Letras Galegas 2025, dedicado á poesía popular galega. Nesta ocasión, ademais da obra de Gloria, presentáronse outros dous poemarios tamén en galego: Epigramas con reparos de Eliseo Méndez Nieto e A cor do sentimento de Suso Talento, poñendo así en valor a diversidade de voces poéticas da nosa contorna.
Durante o acto, Rocío Peruchela, a editora, conversou con Gloria e fíxolle algunhas preguntas para que o público puidese afondar nos temas e emocións que percorren a obra. Participou tamén Germán Vázquez Quiroga, presidente da Asociación Cultural de Poetas da Ribeira Sacra e veciño da autora, achegando unha lectura próxima e afectuosa da súa poesía.
Ao evento asistiron arredor de medio cento de persoas, entre elas docentes, artistas, membros de colectivos culturais e persoas vencelladas ao tecido creativo da comarca, que acompañaron a Gloria con agarimo nesta estrea literaria tan especial.
👉Vídeo da presentación e Fotos do Evento


NO ATENEO CASINO DE MONFORTE
Poesía con raíces na terra e no corazón
Día das Letras Galegas 2025
Verbas do corazón, camiños de tinta e terra, de Gloria Guerrero García, é un poemario que nos leva da man polos sentimentos máis profundos e polas paisaxes máis queridas da Ribeira Sacra. Dividido en s seccións —Lugares con alma, Amor, Reflexións e Sentimentos, Monforte, Gastronomía e Tradicións, Animais compañeiros, Natureza e Agradecementos—, a autora ofrece unha mirada poética e agarimosa sobre o mundo que a rodea e as vivencias que lle dan sentido á vida.
Nos seus versos, evocan lugares como Monforte de Lemos, Sober, Pantón, Escairón e outros recunchos da bisbarra, retratados con afecto, memoria e beleza. A súa poesía, directa e chea de sentimento, mestura o real e o íntimo cun estilo claro e emocionante, facendo de cada poema unha xanela aberta ao que somos e ao que amamos.
Un libro perfecto para quen sente morriña pola terra, para quen goza da poesía que fala de nós e para quen busca emoción verdadeira en cada páxina.
OUTROS POEMARIOS QUE PRESENTAMOS NO DÍA DAS LETRAS GALEGAS.
Epigramas con Reparos
A Cor do Sentimento
