Bóveda Slam Poetry
KuturN´aldea
4º CombateRamón PerisYolanda ChiclanaRobertoPatriciaJoserraa golpe de versos
CRÓNICA DO EVENTO
O slam IV de Bóveda Slam Poetry desenvolveuse, o sábado 30 de setembro ás sete da tarde repetindo escenario, o Restaurante Paco de Rubián.
Nesta ocasión os sete poetas non coincidiron cos que estaban previamente inscritos porque houbo imprevistos de última hora que cambiaron o cartel.
A asistencia do público, que non estivese relacionado con ningún dos poetas, foi a xusta como para repartirlle os 7 taboleiros con que puntuaron a intervención de cada un deles. Fíxose deste xeito para non perxudicar aos poetas que viñan sen acompañantes.
Prescindimos das cartolinas de cores e optamos por facer dúas roldas con todos os participantes saíndo gañadores os 3 que obtiveron as maiores puntuacións.
Como invitada ao acto asistiu a recoñecida e consolidada escritora do Incio, Marica Campo. Contounos que estaba moi vencellada ao concello de Bóveda pois ten raices familiares da casa Torre de Ver.
Comezou a presentación da escritora falando dos seus libros e recitando algúns versos e xa ao remate ilustrounos cunha explicación da orixe e composición dunha sixtina poética pois un dos seus libros está formado por 39 delas, toda unha proeza debido á dificultade de compoñer este tipo de versos.