Presentación de Poemario e Libro Infantil

Os pasados tiveron lugar varios eventos literarios especiais, cada un cunha identidade propia e un grande impacto entre os asistentes.

O 22 de agosto, no Ateneo Casino, presentáronse dúas obras consecutivas. Ás 20:00 horas, iniciouse a presentación de Unha árbore, un poema e o seu sentir, de Fina López Sueiro. Esta obra, que invita a unha reflexión sobre a natureza e os sentimentos, conectou profundamente cos asistentes. A pesar de que o libro chegou cun pequeno defecto de cor nas fotografías, puxéronse a venda 30 unidades e foron moitas as persoas que quedaron pendentes de mercalo para a vindeira presentación que do mesmo libro se vai realizar nas vindeiras datas. O evento foi todo un éxito, cativando ao público pola súa mensaxe e profundidade.

A continuación, ás 21:00 horas, presentouse o conto bilingüe de Inés Silva, dirixido principalmente ao público infantil. O ambiente foi moi acolledor, especialmente pola presenza do traductor da obra, Adrián Levices, e de destacadas persoas vencelladas e comprometidas coa nosa cultura. A combinación de galego e castelán no libro ofreceu unha experiencia educativa e lúdica ao mesmo tempo, fomentando o interese pola lectura entre os máis novos.

O día seguinte, 23 de agosto, o conto de Inés Silva tivo outra oportunidade de brillar, desta vez no Clube Fluvial de Monforte, onde dunha ducia de nenos se achegaron a coñecer á autora e mergullarse na súa historia. os nenos foron protagonistas, nun ambiente íntimo e familiar. Este evento seguiu a liña de achegar a lectura infantil a diferentes espazos da comunidade.

Finalmente, o domingo 25 de agosto, no espectacular Mirador da Capela en Vilachá, celebrouse a última das presentacións. Coa colaboración da adega Val do Frade, o evento destacou polo seu entorno natural inigualable, rodeado de viñedos e cunha paisaxe que fixo do día unha experiencia única. Os asistentes gozaron non só da literatura, senón tamén da conexión coa natureza e do bo viño da zona, facendo que este evento se convertese nunha celebración da cultura e da terra.

Para aqueles que non puideron asistir, hai vídeos dispoñibles en YouTube que recollen os momentos máis destacados destes encontros literarios.

val do frade